Estudar galego en BCN
Na Escola Oficial d'Idiomes de Barcelona
No curso 2011-2012 está prevista a realización de dous cursos monográficos de lingua galega. Un curso de nivel inicial, pensado para a preparación das probas Celga 1 e Celga 2 da Xunta de Galicia, e un curso de nivel avanzado, pensado para a preparación das probas Celga 3 e Celga 4. Matrícula a partir do 27 de setembro de 2011. Ver cartel.
Máis información: EOI Barcelona Drassanes
Na Universitat de Barcelona
A Universitat de Barcelona ofrece, nos novos estudos de grao (que substitúen as antigas licenciaturas), a posibilidade de cursar un itinerario en Estudos Galegos en combinación con outra lingua, dentro do Grao en Linguas e Literaturas Modernas. Tamén se poden estudar diversas materias de galego dende outros graos da facultat de Fiilologia (Grao en Lingüística, Grao en Estudos Literarios, Grao en Románicas). Tamén ofrece un máster oficial con materias de literatura galega "Construcció i Representació d’Identitats Culturals".
Máis información: Estudis Gallecs i Portuguesos
Na Universitat Autònoma Barcelona
A Universitat Autónoma de Barcelona conta cun Lectorado de Galego, que ofrece materias de lingua, literatura e cultura galegas nos estudos de grao (que substitúen as antigas licenciaturas). Este Lectorado organiza anualmente, en colaboración co CGB, o concurso literario "Contos no Mediterráneo", dirixido aos estudantes de galego ou portugués dos territorios de fala catalá.
Máis información: Contos no Mediterráneo
No ensino secundario
Nalgúns institutos de ensino secundario de Catalunya é posible estudar galego como lingua optativa, grazas ao proxecto Galauda.
Máis información: Proxecto Galauda
