Socios

    O CGB é unha institución que conta con máis dun século de antigüidade, grazas á confianza e o apoio brindado polos seus socios e socias. Foron os socios os que crearon a institución, e os que a mantiveron e a enriqueceron ao longo da historia.

    Os socios do CGB responden a un perfil diverso e plural, e as motivacións para asociarse son diferentes para cada persoa. Esta diversidade exprésase nas actividades e nos usos do centro, e tamén nos diferentes niveis de implicación que amosan os membros.

     

    Vantaxes

    Os socios do CGB gozan dunha serie de vantaxes exclusivas:

    • Acceso á biblioteca
    • Uso das instalacións
    • Acceso á rede wifi
    • Descontos nos espectáculos de pagamento: concertos, cinema, teatro...
    • Descontos nas actividades formativas de pagamento: cursos de música e danza…
    • Acceso de primeira man ás novidades, comunicacións e informacións do CGB
    • Participación con voz e voto na vida asociativa na entidade
    Pero ser socio do CGB non é soamente iso, tamén significa:
    • Formar parte dunha das institucións máis representativas de Galicia en Cataluña
    • Contribuír á proxección da cultura galega en terras catalás
    • Establecer un contacto directo coa comunidade galega de Cataluña
    • Manter o vínculo con Galicia, as súas tradicións e costumes
    • Gozar das actividades e talleres organizadas polo CGB

     

     

    Faite socio

    O Centro Galego de Barcelona pretende ser un espazo aberto. Sexas ou non galego, agardámoste!

    Para te faceres socio/a, deberás achegarte ao CGB e traer:

    - 2 fotografías

    - Solicitude cos teus datos que atoparás aquí.

    Logo, deberás aboar os 75 euros de cota anual (ou o correspondente aos meses que falten do ano).

     

    Solicitude de alta no Centro Galego de Barcelona