| Instalacións |
|
O CGB ten a súa sede nun inmoble señorial -propiedade dos socios da entidade-, que pertenceu no seu día á familia Güell. O local conta cunha área de 1.000 m2, distribuídos en varias salas de diferentes tamaños, que se utilizan para a celebración de actos culturais, actividades de formación, festas e espectáculos.
Sala Francisco Ferrío É a sala máis grande do centro, cun aforamento aproximado de 200 persoas. Está dotada de escenario, equipo de son, proxector e pantalla xigante, polo que é apta para a celebración de espectáculos teatrais, concertos e presentacións. Plano da sala Francisco Ferrío
Sala Julio Prieto É a sala principal que dá acceso ás diferentes estancias do CGB. Os murais do teito, pintados en 1866 por Carlos Brambilla, conférenlle maxestosidade ao espazo, convertido no lugar por excelencia das exposicións de arte. Condicións para expoñer no CGB (pdf)
Ademais dos espazos descritos, o CGB tamén dispón dunha biblioteca especializada en temas galegos, un salón recreativo equipado para acoller xogos de mesa e unha sala de xuntas.
|





