Exposicións
CGB.ART é un punto de encontro para os artistas contemporáneos, un espazo para expoñeren e daren a coñecer as súas creacións.
Os artistas teñen no CGB unha entidade que os acolle e na que poden planificar e programar traballos conxuntos ou individuais, para que os seus manifestos, postulados ou propostas teñan unha maior repercusión na sociedade.
Os artistas contarán coa axuda e experiencia de Furafollas Agrupación Teatral no terreo artistico. O CGB é consciente de que o mundo evoluciona dunha maneira ou doutra dependendo de que os seus artistas teñan ou non teñan espazos onde poder expresar as súas propostas.