Conferencias
Ao longo do ano, organízanse no CGB conferencias de diversos temas, especialmente de literatura e artes. O CGB actúa como unha porta de entrada dos creadores galegos en Barcelona.
No CGB son habituais as presentacións de libros, revistas, discos e outras creacións de autores vinculados con Galicia. Durante o mes de maio, adóitase organizar algún acto en relación ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Ademais, as salas do centro acollen debates, sexan de actualidade ou de feitos históricos, que permiten coñecer máis sobre a idiosincrasia galega e sobre a propia comunidade galego-catalá. Polo CGB tamén é habitual que pasen personalidades das distintas institucións da Xunta de Galicia e da Generalitat de Catalunya, así como representantes de iniciativas turísticas e gastronómicas.