Camiñadas

     

    O CGB organiza unha serie de excursións a pé, que permiten gozar dos parques naturais e espazos de especial interese paisaxístico nos arredores de Barcelona.

    As camiñadas permiten non só facer exercicio senón tamén a posibilidade de coñecer o patrimonio cultural e natural de Catalunya, ao mesmo tempo que fomenta as relacións de amizade entre os participantes. As rutas teñen un percorrido duns 15 quilómetros, cun desnivel medio de 500 metros, aproximadamente.

    O desprazamento dende Barcelona ao lugar de inicio dos itinerarios faise en transporte público para favorecer as relacións persoais e a sustentabilidade ambiental. As excursións realízanse co guía Xosé Carlos Rodríguez Conde. As camiñadas son de balde para os socios e socias do CGB.

     

    -Programación de rutas 2011-2012

    -Condicións e recomendacións para participares nas camiñadas

    -Máis información en: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

     

    Axenda de Eventos

    Maio 
    2012
     Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2  3  4  5  6
      7  8  910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031