Concertos
Organízanse durante todo o ano concertos de diversos cantautores ou grupos musicais de diversos xéneros artísticos: música tradicional e folk, jazz, grupos corais, etc.
Polo escenario do CGB teñen actuado diversos grupos galegos como Pesdelán, Anxo Lorenzo Grupo, Abraham Fernández e Fernando Barrosos ou o cantautor Alfredo González, entre outros. Pero tamén foi lugar de concerto para grupos non galegos como o catalán Organistrum (música medieval) ou os cubanos Alejandro Vargas Trío.