|
 |
|
Aberto o prazo de inscrición nos cursos de galego da UAB
|
Informamosvos sobre os novos cursos de galego que oferta UAB Idiomes Barcelona e que darán comezo o próximo 20 de febreiro. Do luns 16 de xaneiro até o xoves 15 de febreiro está aberto o período de matrícula dos Cursos de Galego (niveis A2, B1, B2 e C1) preparatorios das probas para obter os títulos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 que se celebrarán durante o mes de xuño de 2012:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120117/AnuncioC3F1-100112-10863_gl.html
A información xeral dos cursos xa está dispoñíbel no sitio www.uab-idiomes.com . De precisardes máis información podédesvos dirixir a este mesmo enderezo electrónico ou ben ao profesor coordinador Francesc Navarro (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
). O horario de atención ao público da administración de UAB Idiomes Barcelona é de 9.00 a 20.30 horas de luns a xoves e de 9.00 a 19.00 horas os venres.
|