Furafollas

    Grupo de teatro galego-catalán residente no Centro Galego de Barcelona.

    A agrupación utiliza os espazos do CGB para ensaiar, presentar as súas últimas obras e organizar talleres de teatro para as persoas que desexen iniciarse nas artes escénicas.

    Furafollas Agrupación Teatral tamén promove eventos teatrais, como o ciclo "Historias no Raval", do 2009,  no  que participaron actores e actrices galegos/as, como Quico Cadaval, Mofa e Befa ou Alberte Montes.

    As representacións dos Furafollas non se restrinxen unicamente aos espazos que ofrece o CGB, a intención do grupo é levar o teatro a outras entidades galegas e catalás ou mesmo á rúa.