Avoengo

    A banda de gaitas do CGB naceu en 1980 da man dun grupo de rapaces amantes da música tradicional galega.

     

    No ano 1980, un grupo de rapaces que tocaban diversos intrumentos decidiron formar no Centro Galego de Barcelona unha banda de música tradicional galega. Dende entón, recibiron a denominación de "banda de gaitas do Centro Galego de Barcelona", ata o ano 2010, no que se constituíron como Avoengo.

     

    O grupo participou no CD A Outra Galicia. Cuartetos, onde aparecen a meirande parte de asociacións galegas existentes en Cataluña. Coma o resto de grupos do CGB, Avoengo participa en numerosos actos promovidos por diferentes entidades públicas, tanto entidades representantes das comunidades españolas como doutros países.

    Integrantes: Judith Leandres, Eva López, Mila Pérez, Eneas Aguilar, Antonio Aguilar, Arturo Carballo, Jose Ansede, Tiberio Rodríguez, Jordi Núñez, Vítor Domínguez, Paula Préstamos, Sara García e Raúl Lacilla.

     

     

    Contratación: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

    Visítanos no Facebook

    Facebook perfil: Avoengo cgb