Lingua
Cataluña é unha terra que acolle unha ampla poboación procedente de Galicia, e por iso o galego é unha das máis de trescentas linguas que se falan a diario na comunidade. O galego está presente non só no ámbito privado, senón tamén no público, a través de eventos, publicacións periódicas e mesmo programas de radio.
O CGB desempeña un papel activo na promoción e divulgación do galego, a lingua habitual de comunicación do centro. Ademais de organizar cursos, o CGB tamén funciona como un punto de información ao que acoden as persoas interesadas en estudar galego en Barcelona.

