Club de lectura
O club de lectura do CGB é un proxecto aberto a todos os públicos, que pretende dar a coñecer as autoras e autores galegos, así como fomentar a lectura de libros en galego que non teñen por que ser de tradición galega expresamente.
O Club de lectura do CGB é unha actividade que funciona baixo demanda, cando se rexistra un número mínimo de participantes. Así que está permanentemente aberta á incorporación de lectores. Se queres formar parte do club, podes inscribirte no propio centro ou enviar un correo ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
O funcionamento é ben doado, a cada lectura dedícanse dúas sesións. Na primeira sesión, coordinadores do club e participantes propoñen unha serie de títulos e acordan a lectura dun deles; farase unha breve introdución ao autor e ao libro escollido. Transcorrido un mes, celebrarase unha segunda sesión, na que os participantes se xuntan nas instalacións do CGB para realizar unha pequena tertulia-café ao redor do título lido. E tras o remate da segunda sesión, acordarase a seguinte lectura.
Se non podes asistir con regularidade ao club ou só che interesan algúns dos títulos, non pasa nada, o club de lectura pretende ser o máis flexible posible. Os títulos das lecturas e mais os días de xuntanza indicaranse no taboleiro do CGB e nesta mesma web.
Podes consultar a edición 2010 do Club de Lectura no blog Apuntamentos de lectura
