Biblioteca
A biblioteca Otero Pedrayo do Centro Galego de Barcelona constitúe unha das coleccións bibliográficas máis importantes da Galicia exterior. O fondo está especializado en temas galegos (literatura, xeografía, historia...) e conta con máis de 10.000 volumes

A biblioteca forma parte do proxecto Meiga, a rede de bibliotecas de Galicia, así que se poden consultar parte dos fondos en liña. O catálogo na rede está aínda en construción, pero permite acceder a algúns dos títulos dispoñibles:
Proxecto Meiga. Biblioteca do CGB
Historia
A biblioteca do CGB foi creada na década dos 40. En 1978, as instalacións sufriron un incendio, no que se perderon fondos de gran valor documental. O servizo reabriuse un ano despois, grazas ao apoio dos socios e de varias institucións. Dende entón, a biblioteca, a única da súa temática na cidade de Barcelona, logrou recuperarse e continúa ampliando cada ano o seu catálogo.
