| Bar (BCGB) |
|
O bar é un dos puntos de encontro por excelencia do CGB. O espazo serve de lugar de relación informal dos socios e actúa como un axente dinamizador do centro. O servizo de restaurante permite gozar dos pratos tradicionais da cociña galega, nun lugar privilexiado da cidade, As Ramblas. A especialidade do restaurante é o polbo á feira, pero tamén ofrece menú diario e servizo de carta. Empanada, arroz con lumbrigante, cocido e carnes son algúns dos produtos que compoñen a oferta do bar do CGB. A amplitude das instalacións permítelle organizar banquetes para grupos, previa reserva. Horario: de martes a domingo, de 12 a 24 h. Reservas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo /Teléfono: 93 304 01 45 Dirección: Rambla Caputxins, 35-37 1º andar, 08002, Barcelona BCGB no Facebook |



