Socios do CGB
O CGB é unha institución que conta con máis dun século de antigüidade, grazas á confianza e o apoio brindado polos seus socios e socias. Foron os socios os que crearon a institución, e os que a mantiveron e a enriqueceron ao longo da historia.
Os socios do CGB responden a un perfil diverso e plural, e as motivacións para asociarse son diferentes para cada persoa. Esta diversidade exprésase nas actividades e nos usos do centro, e tamén nos diferentes niveis de implicación que amosan os membros.
Vantaxes
Os socios do CGB gozan dunha serie de vantaxes exclusivas:
- Acceso á biblioteca
- Uso das instalacións
- Acceso á rede wifi
- Descontos nos espectáculos de pagamento: concertos, cinema, teatro...
- Descontos nas actividades formativas de pagamento: cursos de música e danza…
- Acceso de primeira man ás novidades, comunicacións e informacións do CGB
Pero ser socio do CGB non é soamente iso, tamén significa:
- Formar parte dunha das institucións máis representativas de Galicia en Cataluña
- Contribuír á proxección da cultura galega en terras catalás
- Establecer un contacto directo coa comunidade galega de Cataluña
- Manter o vínculo con Galicia, as súas tradicións e costumes
- Gozar das actividades e talleres organizadas polo CGB