Biblioteca

    A biblioteca Otero Pedrayo do Centro Galego de Barcelona constitúe unha das coleccións bibliográficas máis importantes da Galicia exterior. O fondo está especializado en temas galegos (literatura, xeografía, historia...) e conta con máis de 10.000 volumes

     

     

    A biblioteca forma parte do proxecto Meiga, a rede de bibliotecas de Galicia, así que se poden consultar parte dos fondos en liña. O catálogo na rede está aínda en construción, pero permite acceder a algúns dos títulos dispoñibles:

     

    Proxecto Meiga. Biblioteca do CGB

     

    Historia

    A biblioteca do CGB foi creada na década dos 40. En 1978, as instalacións sufriron un incendio, no que se perderon fondos de gran valor documental. O servizo reabriuse un ano despois, grazas ao apoio dos socios e de varias institucións. Dende entón, a biblioteca, a única da súa temática na cidade de Barcelona, logrou recuperarse e continúa ampliando cada ano o seu catálogo.

    Club de lectura

    Máis info

    O club de lectura do CGB é un proxecto aberto a todos os públicos, que pretende dar a coñecer as autoras e autores galegos, así como fomentar a lectura de libros en galego que non teñen por que ser de tradición galega expresamente.